Cun limiar do profesor Xesús Alonso Montero, as conversas son froito dun traballo pouco frecuente no xornalismo galego: entrevistar durante corenta e oito semanas a un escritor. Xosé Manuel del Caño realizou un traballo paciente e rigoroso ao recoller as opinións e lembranzas de Antonio Tovar desde abril do ano 2002 ata febreiro do 2003. Xosé Manuel del Caño estrutura as entrevistas de tal xeito que mantén o interese da lectura e transmite o xeito de falar directo e categórico do poeta. De Vicente Risco ao Partido Comunista, de presenza da morte ao amor, de Ourense a Galicia, neste libro viáxase pola vida e obra literaria dun autor de personalidade auténtica e senlleira. A literatura, a política e os amigos xorden neste libro a través da voz do propio poeta, que fala sen cancelas e logra apreixar o lector ou lectora nunhas verbas cheas de coherencia vital, lucidez e radicalidade.
Book Details
- Country: US
- Published: 2005
- Publisher: Editorial Galaxia
- Language: gl
- Pages: 258
- Available Formats:
- Reading Modes: