Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento

By Xosé Ramón Quintana Garrido, Marcos Valcárcel

Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento
Available for 13.76 USD

Esta biografía pretende ofrecer unha visión global da súa figura na procura dunha perspectiva integradora dos aspectos literarios, ideolóxicos e políticos que envolven o patriarca das letras galegas, todos eles entrelazados, e que non se poden entender uns sen os outros.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976), novelista, ensaísta, xeógrafo, dramaturgo, historiador e poeta, foi un dos intelectuais máis singulares da Galicia contemporánea, ademais dunha das personalidades máis notables no panorama político galeguista do seu tempo.

Book Details

Buy Now (13.76 USD)